Project Description

  • Sábado 17/09:
    10:00 – 14:00 h

  • Punto de encontro: Peirao do Parrote s/n (preto o Nemo Bar)

A VELA POLO GOLFO ÁRTABRO

Descubre o litoral da Mariña coruñesa, declarada Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2013, a bordo dun veleiro. A través desta experiencia guiada, coñeceremos a incrible biodiversidade do litoral ártabro desde A Coruña ata o porto de Sada, pasando por lugares tan emblemáticos coma o castelo de Santo Antón (A Coruña), o de Santa Cruz (Oleiros), o Seixo Branco e A Marola ou as bateas de mexillón de Lorbé. Unha paisaxe natural extraordinaria con cantís e illas e unha experiencia gastronómica de primeira orde a bordo a cargo de Lolo Mosteiro e Paula Martínez, cociñeiros da Artesa da Moza Crecha.

Recoméndase calzado cómodo e que non escorregue.

O veleiro parte da Coruña e atracará en Sada. A volta farase en autobús.

+info:  www.marinasbetanzos.gal

Colaboran:

Contido similar