OBSERVACIÓN DE AVES. ITINERARIO ORNITOLÓXICO TORRE DE HÉRCULES
Convidámoste a unirte a nós nun apracible paseo matutino mentres descubrimos, observamos e aprendemos sobre as fascinantes aves locais e migratorias no Espazo Natural de Interese Local da Torre de Hércules. Terás a oportunidade de mergullarte no marabilloso mundo da observación de aves, xa sexa que esteas dando os teus primeiros pasos ou desexes ampliar os teus coñecementos nunha contorna cómoda e accesible. Goza da natureza urbana e vive unha experiencia enriquecedora preto do teu domicilio. Non perdas esta oportunidade única para conectar coa vida silvestre e gozar da beleza que nos rodea. Esperámoste para compartir xuntos esta experiencia!
Punto de encontro: caseta venta entradas Torre Hércules, na zona do aparcadoiro https://maps.app.goo.gl/tKY85MyfXgX2afXz8
Atención: uns prismáticos, incluso modestos, facilitan a visión e axudan na identificación das distintas especies durante a visita ornitolóxica.
Colaboran:

Contenido similar






