Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Ven á Coruña


O Festival Mar de Mares aposta polo turismo sustentable e por iso queremos que coñezas como A Coruña avanza, desde a súa gastronomía, a súa oferta hoteleira ou a súa programación cultural, no coidado e protección dos nosos océanos, especialmente do poderoso Atlántico que a rodea. Ademais de gozar de todos os atractivos da cidade atlántica por excelencia e da súa gastronomía mariñeira, o Festival Mar de Mares ofréceche a oportunidade de coñeceres a fondo a intensa relación da cidade co mar e de empaparte de proxectos e iniciativas inspiradoras e enriquecedoras sobre os océanos. Seguro que atoparás no programa algunha actividade que che interese, xa sexa gastronomía, arte, teatro, ciencia ou, mesmo, o Mercado do mar.

Ademais, se vés de lonxe, Renfe, entidade colaboradora do Festival, ofréceche a oportunidade de viaxares comodamente en tren e de beneficiarte dun desconto do 30% para traxectos en AVE e Longa Distancia. Para obter o desconto non tes máis que enviarnos un correo electrónico a info@festivalmardemares.org e farémosche chegar toda a información. O desconto é válido para viaxar entre o 18 e o 25 de setembro.

Na web de Turismo da Coruña, atoparás toda a información que necesitas sobre a cidade e a súa oferta turística. De todos os xeitos, velaquí tes unhas seccións especialmente útiles para xestionares a túa viaxe:

Ben sexa só, con amigos ou coa familia, agardámoste no mes de setembro. Non deixes de vir á Coruña para sentires o latexo do mar.