Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Programación

Actividades para todos os gustos: arte, gastronomía, ciencia...

O Festival Mar de Mares celebra a súa cuarta edición coa intención de sacar á luz a historia de mulleres que fixeron moito polos océanos. Fotógrafas, investigadoras, mariñeiras, fareiras, redeiras etc. mostrarannos que os océanos non son un territorio de homes. Exposicións, proxeccións, encontros con mulleres, talleres científicos, música, emprendemento e moita gastronomía permitirannos pasar un bo momento mentres descubrimos novos segredos e tesouros do maior ecosistema do noso planeta. Un encontro aberto para todos os públicos que este ano, ademais, conta cunha atractiva proposta para viaxar á cidade e gozar dalgúns dos seus mellores hoteis e restaurantes e de exclusivas visitas ao Festival.

Énchete de ganas de gozar do mar e VEN Á CORUÑA ou dáte un capricho se es da cidade. Tamén poderás facer o teu calendario personalizado do Festival en función dos teus gustos na sección PLANIFÍCATE. Podes descargar o programa completo aquí.