Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

X Travesía a nado de longa distancia A Coruña 10000

Info

Domingo, 1 de outubro
De 9 h (saída dos nadadores) a 13 h (chegada estimada)
Saída da praia do Orzán e chegada á rampla da dársena da Mariña
Libre
Público xeral

Desde hai dez anos, o mar da Coruña é o escenario dunha das travesías a nado máis duras, pero máis fermosas, da nosa xeografía. Máis de cen homes e mulleres bátense contra as correntes atlánticas coa intención de acabaren esta proba, organizada polo Concello da Coruña, na que rodearán a Torre de Hércules. Neste décimo aniversario, queremos poñerlles voz a esas mulleres que durante todo o ano, contra vento e marea, se mergullan nas augas frías do Atlántico. E, a través dunha serie de vídeos producidos polo Festival, que publicaremos na nosa web e redes sociais as semanas previas á fazaña, poderemos coñecer como se prepara unha nadadora para esta proba e qué sente durante as horas que se bate corpo a corpo co mar. Animámoste a que nos acompañes na chegada a meta o día da proba!

+info: http://www.coruna.gal/portal/es/ciudad/deportes