Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Visionamento de portfolios fotográficos

  • © Paul Nicklen

Info

Xoves, 21 de setembro
De 16 a 17 h
Aquarium Finisterrae
Fotógrafos profesionais e amadores avanzados
Entrada gratuíta (cinco prazas)

Se es fotógrafo ou fotógrafa e che apetece contar co punto de vista dunha profesional e experta en fotografía conservacionista, podes inscribirte na actividade Visionamento de portfolios con Cristina Mittermeier. A fotógrafa mexicana darache a súa opinión persoal sobre as túas imaxes e indicarache as claves para que mellores o teu traballo fotográfico.

Condicións: as persoas interesadas deberán enviar ao enderezo actividades@festivalmardemares.org un portfolio en baixa resolución, un currículo e un resumo da historia na que estean a traballar. De entre os correos recibidos, escolleremos cinco fotógrafos, aos que se lles notificará que están aceptados na actividade.