Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Un mar de libros

Info

Desde o 12 de setembro
Biblioteca Infantil e Xuvenil, Biblioteca Sagrada Familia, Biblioteca Castrillón, Biblioteca Fórum Metropolitano, Biblioteca Os Rosales, Biblioteca Monte Alto, Biblioteca Ágora e FNAC
Gratuíta

A vida cabe nun libro. E os mares tamén. Aventuras imaxinarias, historias reais de viaxeiros que se enfrontaron ao mar, lendas de mariñeiros, contos para nenos e non tan nenos… Se queres vivir o mar dun xeito diferente, enrólate na túa biblioteca municipal, onde atoparás un Punto de Interese con todo tipo de libros sobre os océanos. Ademais, poderás gañar entradas para participar na Visita intermareal en familia e no Showcooking do Cru e do Cocido con visita á lonxa. 

Na FNAC tamén poderás atopar unha caseta cunha selección de vídeos e libros sobre o mar e sortearanse entradas para o Showcooking de Eclectic, Produto galego, alma migrante. e para a Visita intermareal en familia.

FNAC. Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo, s/n www.fnac.es

+INFO: www.coruna.es/bibliotecas