Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Storytelling: Na beira

  • © Paul Nicklen
  • © Oscar Gorriz

Info

Cristina Mittermeier
Venres, 22 de setembro
De 20 a 21.30 h
Sala Imax Domus
Entrada gratuíta ata que se complete a capacidade da sala. Charla impartida en castelán

Cando era pequena, Mittermeier aprendeu da súa coidadora indíxena a importancia que ten para a natureza o noso comportamento cotián. A bióloga mariña e fotógrafa conviviu con tribos de distintos lugares do mundo para estudar a relación que ten cada un deles coa auga, un elemento que conta co poder de dar vida cando se respecta e de destruír cando se utiliza mal. Dos kayapó no Amazonas do Brasil, aos first nations da Columbia Británica, pasando polos pescadores da India ou os inuits de Grenlandia, a súa experiencia con estes pobos fixérona reflexionar sobre o concepto de suficiencia (enoughness) ou sobre a capacidade de tomar da terra só aquilo que un necesita. Esta é a primeira vez que Mittermeier imparte unha charla en España. Ao rematar, abrirase un coloquio co público.

+info: www.cristinamittermeier.com