Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Sea Dance: aprender bailando

Info

Investigadores do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona
Venres 13 de outubro, de 10 a 19 h Sábado 14 e domingo 15 de outubro, de 11 a 20 h
Aquarium Finisterrae
Público xeral e familias. Entrada gratuíta coa entrada ao Aquarium Finisterrae.

Trátase dun divertido xogo para comprender como funcionan os ecosistemas mariños e a necesidade de que haxa un equilibrio entre eles. Mediante a observación, a interacción, a experimentación e o baile, os xogadores daranse conta da complexa biodiversidade dos microorganismos mariños e das redes que forman e, ademais, serán conscientes das consecuencias que teñen as súas accións na conservación do equilibrio dos ecosistemas. Ao rematar, as persoas participantes poderán comprobar nun laboratorio de plancto o aprendido durante a sesión de baile.

+info: www.mc2coruna.org www.icmdivulga.icm.csic.es/sea-dance