Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

O cru e o cocido

Info

Javier Ozores
Venres, 22 de setembro
De 6 a 9 h da mañá
Lonxa da Coruña
Entrada gratuíta, logo de inscribirse

Cada madrugada, chegan á lonxa da Coruña decenas de barcos con toneladas de peixe que en poucas horas estarán á venda en peixerías e restaurantes de todo o país. Non perdas a oportunidade de ver un dos momentos máis trepidantes do día, a poxa do peixe, unha práctica que ten os seus códigos propios e na que hai que estar moi atento para non perder detalle. Por se che quedan dúbidas, os representantes da lonxa contarannos todas as reviravoltas deste motor económico da cidade.

E, cando estea todo vendido, degustaremos un almorzo mariñeiro, con materia prima da lonxa, a cargo de Javier Ozores, vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía.

Entradas

Out of stock!Entrada: O cru e o cocido0,00Se recomienda calzado cerrado y que no resbale. Punto de encuentro en la entrada del edificio de la Lonja.