Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Encontro: Mulleres que van ao mar

Info

Cristina Fernández, Arantxa Toriza, Digna Romar e María Lado como moderadora
Sábado, 28 de outubro
19.30 h
Sala Exposicións Palexco
Entrada gratuíta ata que se complete a capacidade da sala

A súa historia é a historia daquelas que non quixeron limitarse a agardar a volta á terra dos mariñeiros. Cristina, fareira do cabo Vilán; Arantxa, mariñeira no Gran Sol e Digna, percebeira de Costa da Morte compartirán a súa experiencia co fin de reivindicar os seus dereitos como traballadoras do mar e de dignificar profesións nas que as mulleres eran case invisibles.