Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Mercado do Mar

  • © Óscar Górriz
  • © Óscar Górriz
  • © Óscar Górriz
  • © Óscar Górriz
  • © Óscar Górriz
  • © Óscar Górriz

Info

Sábado 23 e domingo 24 de setembro
Sábado de 12 a 21 h e domingo de 11 a 20 h
Mercado do mar, Xardíns de Méndez Núñez
Entrada gratuíta

O mar é un dos grandes motores da economía galega, xa que centos de empresas dependen deste sector. O Mercado do Mar ofréceche a posibilidade de coñecer de preto algunhas das compañías que obteñen a súa riqueza do mar e que elaboran os seus produtos —mariscos, algas, empanadas, conservas, cervexa con auga de mar ou algas, xoias e artesanía feita con crebas, entre outros— baixo fortes criterios de sustentabilidade. Contaremos tamén cunha carpa de lecer con talleres para todos os públicos, atraccións infantís, un encontro con mulleres de mar, proxeccións de documentais e, na zona Gastromar, poderás asistir a un showcooking impartido pola cociñeira Lucía Freitas e saborear os bocados mariñeiros das foodtrucks. Ademais, poderemos escoitar concertos en directo en sesión vermú e sesión vespertina, participar nun taller científico ou de reciclaxe e visitar a exposición Un mar de mulleres.

Ver o programa completo do Mercado do Mar