Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014  -  2015

Mercado do Mar

Info

Sábado 24 e domingo 25 de setembro de 2016
Sábado de 12 a 21 h e Domingo de 11 a 20 h
Xardíns de Méndez Núñez
Entrada gratuíta

O mar, impoñente paisaxe, lugar de recreo e fonte de inspiración. En Galicia, o mar é ademais un dos principais motores financeiros e Mar de Mares quere demostrar que o potencial económico non está rifado coa sustentabilidade e co coidado dos océanos.

O Mercado do Mar, que nesta edición terá unha maior representación de emprendedores, é unha exposición de produtos e servizos do tecido produtivo galego arredor do mar. Empresas, cooperativas e asociacións mostrarán, difundirán e venderán os seus artigos nos postos habilitados nos xardíns de Méndez Núñez. Gastronomía, artesanía e outros sectores estarán representados no mercado, para lles ofrecer aos visitantes o mellor produto e a certeza de que están a contribuír á preservación do ecosistema mariño sen poñer en perigo a súa continuidade.

O mercado dinamizarase cunha carpa de actividades paralelas na que poderemos coñecer de primeira man as iniciativas de emprendedores galegos que traballan con produtos mariños. Contaremos coa zona Gastromar, onde terán lugar demostracións gastronómicas da man de cociñeiras do nivel de Beatriz Sotelo do restaurante estrela Michelín A Estación de Cambre e as food trucks A Pulponeta, Cudbe Food Truck e Josmaga ofrecerán as súas exquisitas especialidades.

Ademais, poderemos escoitar concertos de música en directo en senllas sesións vermú e vespertinas, participar nun taller científico, visitar o Aquarium Finisterra móbil ou xogar nas actividades infantís.

Como novidade, este ano o Mercado do Mar incorpora A Illa da Reciclaxe, un espazo dedicado a algúns dos axentes de xestión de residuos máis importantes do país, así como a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña, que mostrará de forma práctica distintas formas de reciclar e falarannos da necesidade de reducir, reutilizar e reciclar correctamente para evitar que o lixo que produzamos acabe no mar. Neste espazo terán lugar diversos talleres sobre reciclaxe, ideais para as familias con nenos. Tamén teremos colectores onde poderás depositar as túas pilas e baterías, así como o aceite de cociña xa usado.

Ver Programa completo

EXPOSITORES

Conservas Mar de Ardora, algas mariñas.

Conservas Currimar, conservas artesás de bonito e polbo.

Conservas Galuriña, empanadas galegas con algas mariñas e conservas artesás.

Obradoiro de lamprea, conservas e afumados de lamprea.

Mariscos do Ortegal, marisco galego de primeira calidade.

Pulponor Sociedade Cooperativa Galega, distribución de polbo conxelado.

DaVeiga, galletas mariñeiras.

Coído de Sabadelle, auga de mar embotellada para uso alimentario.

Pescaderías, selo da Xunta para a promoción do peixe e mariscos procedentes da frota artesanal.

Asoc. Redeiras Illa da Estrela de Corme, artesanía elaborada con redes de pesca.

Asoc. de Redeiras do Baixo Miño Atalaia da Guarda, artesanía elaborada con redes de pesca.

Cuatro Pececitos, artesanía con restos atopados no mar.

Tödai, deseño, serigrafía e moda con tecidos ecolóxicos.

APAMP, artesanía con deseños mariños.

Retoque Retro, reciclaxe e arte con restos atopados no mar.

Sálvora cosmética, cosmética ecolóxica a partir de algas pardas de Galicia.

Asociación Galega de Actividades Náuticas-Agan+, cruceiros costeiros polas rías galegas.

 

ILLA DA RECICLAXE

Un lugar para aprender como funciona unha depuradora ou como converter o lixo electrónico en pezas artísticas ou novos xoguetes, entre outras moitas actividades para aprender a reciclar e salvar os mares.

Concello da Coruña, Área de Medio Ambiente e Mobilidade Sustentable.

ERP, sistema integrado de xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, pilas e acumuladores.

ECOEMBES, sistema de recuperación de envases en España.

questra Пестюк Чеслав Фанис Джураев Константин Мамчур Станислав Кравцов AGAM Atlantic Global Александр Прочухан Абакумов Андрей