Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014  -  2015

Enredadas

Exposición

Info

Asociacións de Redeiras e Atalaia da Guarda e da Illa da Estrela de Corme
Do 21de setembro ao 8 de outubro de 2016
De 9 a 21 h
Sede Afundación Da Coruña
Entrada gratuíta

Cando tradición e innovación se dan a man nace Enredadas, un proxecto co que as redeiras artesás de Galicia demostran que é posible reciclarse e manter vivo un oficio artesanal. Desde 2012, as redeiras participan en accións formativas dirixidas por profesionais do sector da moda e do deseño, o que as converteu nun dos máximos expoñentes da artesanía galega.

A mostra permite realizar un seguimento do proxecto e presenta os prototipos das pezas de artesanía feitas polas redeiras, que agora son xa produtos listos para comercializar e que poderán adquirirse na tenda da sede de Afundación e no Mercado do Mar. Ademais, as redeiras realizarán unha demostración en directo o día da inauguración, o 21 de setembro ás 19 h, co que nos brindarán a oportunidade de coñecer de primeira man a súa experiencia e as súas boas artes.

+ info: www.afundacion.org | artesaniadegalicia.xunta.gal

questra Пестюк Чеслав Фанис Джураев Константин Мамчур Станислав Кравцов AGAM Atlantic Global Александр Прочухан Абакумов Андрей