Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

En busca do tesouro: visita intermareal en familia

Info

Centro Oceanográfico da Coruña
Sábado, 23 de setembro
De 11:45 a 13:30 h
As Xubias (punto de encontro nas Xubias de Arriba, 15 - 15006 A Coruña, fronte ao CEE María Mariño)
Entrada 3 € por persoa con inscrición previa
Público xeral e familias

Moi preto de nós escódese un gran tesouro. Baixo as augas salgadas hai estrelas de mar, bivalvos, estrugas de mar e lapas, entre outras moitas especies, que só podemos ver se nos achegamos nun breve momento do día ao mar, xusto cando se retira ao seu nivel máis baixo. Descubrir toda esa importante fauna e flora que se esconde na franxa costeira da Coruña é posible durante unha visita intermareal, un paseo con ollos de observador por esa superficie de area e rochas situada entre os niveis coñecidos das mareas máximas e mínimas. Só necesitas un bo calzado impermeable, preferiblemente botas de auga, e moitas ganas de atopar tesouros. Ademais, poderás escoitar as explicacións do persoal do Centro Oceanográfico da Coruña, que che axudará a descubrir e a lle poñer nome a todo o que atopes. Sorprenderate a cantidade de especies que viven nesa zona do mar que queda sometida ao ritmo diario das mareas.

Entradas

Out of stock!Entrada: visita intermareal0,00El pago de 3€ por persona se realizará in situ. Es necesario incluir los datos de todos los participantes, incluyendo a todos los miembros de la familia que acudirán a la visita. Se recomienda acudir equipado con botas de agua.