Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

En busca do tesouro: charla + visita intermareal para estudantes

Info

Centro Oceanográfico da Coruña
6 ou 20 de outubro
Durante a mañá
Centro educativo e As Xubias
Entrada gratuíta, logo de inscribirse
Público Estudantes de secundaria e bacharelato

Se percorrer as praias da zona intermareal da man dos expertos do Centro Oceanográfico da Coruña é todo un luxo, os alumnos do centro escolar que se apunten a esta actividade terán un extra engadido que fará a visita aínda máis proveitosa. E ese extra é unha charla que impartirá no seu centro uns días antes un dos biólogos mariños que servirá de iniciación ao alumnado no apaixonante mundo das especies mariñas e nos labores da súa profesión. Nunha data posterior, os estudantes acudirán á zona intermareal das Xubias guiados polo mesmo profesional que os acompañará na procura de seres vivos que habitan entre rochas, area e auga, e que quedan ao descuberto durante a baixamar.

Entradas

Out of stock!Entrada: charla + visita intermareal0,00Indicar fecha de preferencia (6 al 20 de octubre) Nº de participantes: 2 grupos aula del mismo centro/ máximo 50 estudiantes Inscripción válida para Centros Escolares (Ed. Secundaria y Bachillerato) de A Coruña y área metropolitana