Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Encontro: Emprendedoras do mar

Info

Nieves Medina, Eva Lojo, Rosa Rodríguez e Rita Míguez como moderadora
Domingo, 24 de setembro
12.30 h
Mercado do Mar
Entrada gratuíta ata que se complete a capacidade da sala

Ser muller e emprendedora no complexo mundo do mar. Neste encontro, coñeceremos as dificultades ás que se enfrontaron empresarias xa consolidadas coma Nieves Medina, de Conservas Artesanas Curricán; a acabada de chegar Eva Lojo, de Conservas Sotavento e Rosa Rodríguez, que apostou pola diversificación desde a Asociación de Redeiras Illa da Estrela. Modera Rita Míguez, mariscadora e presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca).