Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Documentais National Geographic

Info

Mércores 20 de setembro, venres 29 de setembro e xoves 26 de outubro
De 20 a 21 h
Sede Afundación A Coruña
Entrada gratuíta ata que se complete a capacidade da sala

Mar de esperanza. Os tesouros escondidos de América – Mércores, 20 de setembro de 20 a 21 h.

A oceanógrafa Sylvia Earle, o fotógrafo submarino Brian Skerry e o escritor Max Kennedy logran convencer o presidente Barack Obama da necesidade de crear novos Parques Azuis e de protexer importantes hábitats submarinos.

Os segredos do Mediterráneo. O mundo perdido de Cousteau – Venres, 29 de setembro de 20 a 21 h.

O oceanógrafo español Enric Sala e Pierre Yves Cousteau, fillo do famoso comandante, mergúllanse nas augas do Mediterráneo para comparar as súas imaxes coas que Cousteau presentou ao mundo por vez primeira.

Gabón Salvaxe – Xoves, 26 de outubro de 20 a 21 h.

Mike Fay e Enric Sala emprenden unha misión para protexer as ricas augas costeiras de Gabón nas que habitan hipopótamos, quenllas e xibardos e que constitúen un dos últimos mares aínda intactos da África occidental.

+info: www.nationalgeographic.es – www.afundacion.org