Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Cociña sustentable con todo o sabor do mar

Info

Iván Domínguez
NOVA DATA: Sábado, 14 de outubro
De 10 a 12 h
Restaurante Alborada
Entrada: 25 € por persona, con inscrición previa. Capacidade: 20 personas.

Para unha cociña sustentable é imprescindible elixir o peixe de proximidade, de tempada e que respecte os talles mínimos. Eses son os criterios que priman na afamada cociña atlántica de Iván Domínguez, director gastronómico do Grupo Alborada, gañador dunha estrela Michelín no seu restaurante da Coruña. Este taller de cociña, conducido por Domínguez no seu establecimento coruñes Alborada, está dirixido a todo aquel afeccionado que estea interesado en ampliar os seus coñecementos para elaborar suculentos pratos mariñeiros da maneira máis eficiente e sustentable, aplicando os criterios de redución. Unha ocasión única para lembrar, entre pucheiros, a importancia que como cociñeiros e consumidores temos á hora de contribuír á saúde dos mares.

+Info: www.restaurantesalborada.com

Entradas

Selecciona numero de entradas:
14 available
Entrada: cociña sustentable25,00

Please fill in all required fields