Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014  -  2015

Bautismo de vela e regata

Festival Mar de Mares

Info

Domingo 25 de setembro de 2016
De 10 a 14 h
Edificio Deportivo do Real Club Náutico da Coruña (próximo a castelo de San Antón)
Entrada*: 20 € por persoa, logo de inscribirse
Público: maior de 8 anos, que saiba nadar
Bautismo de vela e Regata Festival Mar de Mares
20.00 EUR

Suscrición ao taller : Bautismo de vela e Regata Festival Mar de Mares

Plazas restantes: 0
Nome de quen realiza a actividade *
Apelidos *
Email *
Teléfono *
DNI *
Data de nacemento *
Persoa que realiza o pago *

Requisitos para os bautismos de vela e a regata:

  • Inscribirse e facer o pago correspondente.
  • Ser maior de 8 anos e saber nadar.
  • Traer chuvasqueiro, suadoiro, roupa e calzado pechado e cómodo para navegar, roupa seca de recambio e toalla. O resto do equipo será facilitado polo RCNC.

A realización desta actividade está suxeita ás condicións meteorolóxicas e a alcanzar o mínimo de inscritos (15). En caso de que se cancele, devolverase o importe íntegro e notificarase con suficiente antelación.

*Entregarase un diploma acreditativo do bautismo de vela.

Por favor complete todos os campos obrigatorios
Inscribirse na actividade

Tras dúas edicións dedicadas ao surf e ao submarinismo, este ano o festival pon a súa atención na vela. Un deporte para todos que se desprende da súa imaxe elitista e que nos mostra os grandes valores que fomenta: traballo en equipo, solidariedade e afán de superación, entre outros. Ademais, os tripulantes de veleiro son xente comprometida co mar e saben de primeira man da importancia da preservación.

Se nunca subiches a un barco de vela, este ano Mar de Mares poncho fácil. E divertido. En colaboración co Real Club Náutico da Coruña, terás a posibilidade de converter un bautismo de vela nunha trepidante experiencia: unha regata pola baía da Coruña. Na actividade, poderá participar calquera persoa maior de 8 anos que saiba nadar, sen necesidade de que teña experiencia previa en navegación. Podes vir en familia, con amigos ou só. O bautismo comeza cunha primeira toma de contacto co barco, onde un patrón te iniciará nas nocións básicas da navegación a vela a bordo dun 550 con capacidade para 5 tripulantes, para despois competir na regata que se desenvolverá na baía coruñesa. Cada participante recibirá un diploma acreditativo do bautismo e a tripulación gañadora terá premio. Vento en popa a toda vela, e que gañe o mellor!

E se dispós de barco propio e che apetece participar na regata, non tes máis que sumarte para apoiar este deporte e celebrar e defender os mares co Festival e co RCNC. Envíanos un correo electrónico a info@festivalmardemares.org para confirmares a túa asistencia.

* A celebración desta actividade está suxeita a condicións meteorolóxicas e a alcanzar o mínimo de inscritos (15). En caso de que se cancele, devolverase o importe íntegro e notificarase con suficiente antelación.

+ info: www.rcncoruna.com

questra Пестюк Чеслав Фанис Джураев Константин Мамчур Станислав Кравцов AGAM Atlantic Global Александр Прочухан Абакумов Андрей