Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

Normas de uso

USUARIO E RÉXIME DE RESPONSABILIDADES

A navegación, acceso e uso por este sitio web de CREARTE SERVIZOS  CULTURAIS SL confire a condición de usuario, pola que se aceptan todas as condicións de uso aquí establecidas sen prexuízo da aplicación da correspondente normativa de obrigado cumprimento legal segundo o caso.

O sitio web www.festivalmardemares.org de CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL proporciona gran diversidade de información, servizos e datos. O usuario asume a súa responsabilidade no uso correcto do sitio web. Esta responsabilidade estenderase a:

  • A veracidade e licitude das informacións achegadas polo usuario nos formularios estendidos para o acceso a certos contidos ou servizos ofrecidos polo sitio web.
  • O uso da información, servizos e datos ofrecidos por CREARTE SERVIZOS  CULTURAIS SL contrariamente ao disposto polas presentes condicións, a Lei, a moral, os bos costumes ou a orde público, ou que de calquera outro modo poidan supoñer lesión dos dereitos de terceiros ou do mesmo funcionamento do sitio web.

 

POLÍTICA DE ENLACES E EXENCIÓNS DE RESPONSABILIDADE

CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL non se fai responsable do contido dos sitios web aos que o usuario poida acceder a través dos enlaces establecidos no seu sitio web e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutros sitios da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de sitios alleos á súa propiedade aos que se poida acceder por medio dos enlaces.
CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera danos aos usuarios desta web, que puidesen derivarse da navegación por ela. En consecuencia, CREARTE SERVIZOS  CULTURAIS SL non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidese sufrir o usuario.

 

MODIFICACIÓNS
CREARTE  SERVIZOS CULTURAIS SL resérvase o dereito a realizar as modificacións que considere oportunas, sen aviso previo, no contido deste sitio web. Tanto no referente aos contidos do sitio web, coma nas condicións de uso deste, ou nas condicións xerais de contratación. As devanditas modificacións poderán realizarse a través do seu sitio web por calquera forma admisible en dereito e serán de obrigado cumprimento durante o tempo en que se encontren publicadas no web e ata que non sexan modificadas validamente por outras posteriores.

PROPIEDADE INTELECTUAL
Os dereitos de propiedade intelectual e industrial derivados de todos os textos, imaxes, así como dos medios e formas de presentación e montaxe deste sitio web pertencen, por si ou por cesión, a CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL. Serán, por conseguinte, obras protexidas como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, séndolles aplicables tanto a normativa española e comunitaria neste campo, coma os tratados internacionais relativos á materia e subscritos por España.

Todos os dereitos reservados.

En cumprimento da Lei da Propiedade Intelectual prohíbese expresamente a reprodución, distribución, comunicación pública e utilización, da totalidade ou parte dos contidos do seu sitio web sen o consentimento expreso de CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL.

ACCIÓNS LEGAIS, LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN
CREARTE SERVIZOS CULTURAIS SL resérvase, así mesmo, a facultade de presentar as accións civís ou penais que considere oportunas pola utilización indebida deste sitio web e contidos ou polo incumprimento das presentes condicións.

A relación entre o usuario e o prestador rexerase pola normativa vixente e de aplicación no territorio español. De xurdir calquera controversia as partes poderán someter os seus conflitos a arbitraxe ou acudir á xurisdición dos xulgados ou tribunais da localidade de A Coruña, España.