Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /var/www/vhost/festivalmardemares.org/home/html/mollate/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2260

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /var/www/vhost/festivalmardemares.org/home/html/mollate/wp-content/plugins/revslider/includes/operations.class.php on line 2264

Warning: "continue" targeting switch is equivalent to "break". Did you mean to use "continue 2"? in /var/www/vhost/festivalmardemares.org/home/html/mollate/wp-content/plugins/revslider/includes/output.class.php on line 2845
Móllate! | E no 2017, molláste?Móllate!
Móllate! volve aos centros para materializar as accións do San Xoán sustentable
20/06/2016
Amosar todo

E no 2017, molláste?

A pasada edición de Móllate! Acción educativa en defensa dos océanos deixou tras de si unha estela de forza colectiva, reflexión, acción. Un San Xoán máis consciente. É por iso que volvemos un curso máis cos obradoiros nas aulas, enriquecendo o formato para que a experiencia sexa cada vez máis significativa para o alumnado e para a cidade.

 
En marzo comezamos coas sesións de sensibilización ambiental, que recibirán de balde e no centro os dez primeiros grupos de 3º e 4º da ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos ou grupos universitarios que se poñan en contacto connosco a través de info@creartesc.es ou no 881 913 055. Estas sesións, impartidas por un educador ou educadora do Festival Mar de Mares, afondan na problemática da contaminación nos océanos, especialmente a través dos plásticos, e fan especial fincapé no que acontece nas praias coruñesas na noite do San Xoán, promovendo a implicación activa e a acción directa entre a mocidade.

 
As ideas que saian do traballo colectivo con adolescentes serán presentadas á Concellaría de Medio Ambiente, e algunhas delas poderán chegar se materializar para sensibilizar á cidadanía pola celebración dun San Xoán máis sustentable. Viches todo o que rematamos facendo o ano pasado?

 
Como novidade, a edición 2017 ten como obxectivo que o programa sirva tamén como experiencia de educación para a participación (traballar en grupo, relacionármonos coa administración,…), constituíndo unha aprendizaxe tanto para os docentes como para o alumnado e contribuíndo a xerar rede na cidade entre persoas que compartides intereses e motivacións.

 
Queres saber máis? Consulta aquí o documento que estamos xa enviando aos centros de ensino da cidade.

Dossier MÓLLATE!

 
Máis información e reservas: info@creartesc.es, 881 913 055.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies