Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016

EDICIÓN 2014

Así fue Marea Alta 2014

DIVULGACIÓN, DIÁLOGO, CELEBRACIÓN, REIVINDICACIÓN, REFLEXIÓN E COMPROMISO

No 2014, o Festival Mar de Mares (entón baixo o nome de Festival Marea Alta) celebrou na cidade da Coruña a súa primeira edición. Tratábase de poñer en pé un encontro internacional que visibilizase a nosa paixón polo mundo mariño e toda a súa beleza, facendo ademais fincapé na necesidade da preservación dos nosos océanos, que é unha responsabilidade de todos e todas.

Na súa primeira edición, o groso do festival prolongouse durante seis días, entre o 16 e 21 de setembro, cun programa multidisciplinar que combinaba arte, ciencia, ecoloxía, reflexión e diversión.  Entre as figuras destacadas da programación, deseñada por Caravan Proxectos de Cultura e Crearte Servizos Culturais en colaboración con National Geographic e co apoio da Secretaría Xeral do Mar da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, déronse cita nomes de artistas, fotógrafos e realizadores tan relevantes como os de Daniel Beltrá, Juan Pablo Moreiras ou Jorge Candán. Outro dos grandes atractivos foi, sen dúbida, a presenza da exposición Skeleton Sexa, a cargo dun colectivo de artistas surfeiros e activistas de renome internacional.

Deste xeito, o festival logrou remover conciencias e promover a arte, a divulgación científica, a gastronomía e a ecoloxía en diferentes enclaves da cidade: o Aquarium Finisterrae, a Domus, o Kiosco Alfonso, a Sala de exposicións de Palexco, os Xardíns de Méndez Núñez, a Lonxa e os mercados, entre outros puntos destacados.

Aquí se recóllen algunhas instantáneas de todo o que foi e puido verse nesa primeira edición do festival: