Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014  -  2015

Actúa: Ti podes mellorar a saúde dos mares

1. FAI COMPRAS SEGURAS E SUSTENTABLES DE PEIXE

Respecta os talles mínimos, consume peixe de proximidade e de tempada e non compres peixe de especies que se estean esgotando. Valora a sustentabilidade dos produtos que compres, repara nas etiquetas.

 

2. REDUCE O USO DE PRODUTOS DE PLÁSTICO

Poderían acabar afogando un animal ou destruíndo un hábitat mariño. Dilles non aos produtos envoltos en plástico innecesariamente e leva sempre as túas propias bolsas á compra.

 

3. AXUDA A COIDAR AS PRAIAS

Un bo día de mergullo, surf ou praia en familia é moito mellor nunha contorna limpa. Non deixes lixo cando marches e recolle o que atopes.

 

4. NON COMPRES PRODUTOS QUE SE APROVEITAN DA VIDA MARIÑA

A xoiería de coral, os accesorios de pelo feitos con cunchas de carei e os produtos derivados da quenlla contribúen á desaparición destas especies.

 

5. COMPROMÉTETE CO NOSO LITORAL

Presta atención e alza a túa voz fronte ao excesivo formigón das nosas costas. A construción mal planificada de estruturas para o turismo, instalacións portuarias, barreiras etc. pode supoñer serias alteracións do territorio e do litoral.

 

6. APOIA AS ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN PARA PROTEXER O MAR

Moitas entidades e organizacións están a loitar para protexer os hábitats mariños. Busca unha organización coa que simpatices e colabora con eles con apoio financeiro ou de voluntariado.

 

7. RECICLA, REDUCE, REUTILIZA

Xa sabes de que van os 3R, pero seguro que podes mellorar o teu nivel de reciclaxe, redución e reutilización. E lembra que polo váter só debes botar o papel hixiénico.

 

8. REDUCE AS EMISIÓNS DE CO2 E O CONSUMO DE ENERXÍA

Cambia o coche polas camiñadas, usa lámpadas compactas de luz fluorescente ou sube polas escaleiras no canto de polo ascensor. É bo para ti. E para todos.

 

9. SUCA OS MARES RESPONSABLEMENTE

Tanto se navegas por oficio coma por lecer, faino de forma responsable e pensando sempre nas especies que habitan as augas que te rodean. Se planeas facer un cruceiro nas próximas vacacións, elixe a opción que sexa máis respectuosa co medio ambiente.

 

10. OBTÉN INFORMACIÓN SOBRE OS OCÉANOS E A VIDA MARIÑA

Toda a vida na terra está conectada co océano e cos seus habitantes. Canto máis saibamos acerca dos problemas aos que se enfronta este sistema vital, máis desexaremos axudar a garantir a súa protección e a inspirar a outras persoas para que fagan o mesmo. Podes empezar participando nas actividades do Festival Mar de Mares!

 

questra Пестюк Чеслав Фанис Джураев Константин Мамчур Станислав Кравцов AGAM Atlantic Global Александр Прочухан Абакумов Андрей