Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Un océano de plástico

Proxección

Info

Presentado e comentado por Suso Gago (Centro Oceanógráfico de Vigo)
Sábado, 22 de setembro
De 11.30 a 12.30 h
Auditorio Fundación Paideia
Gratuíta, ata que se complete a capacidade da sala
Público xeral

Os océanos do mundo están ateigados de residuos plásticos. Iso destrúe a paisaxe, desequilibra a fauna mariña e ameaza a nosa saúde. É unha crise global de tal gravidade que, se non actuamos xa, as xeracións futuras van atopar un cataclismo ambiental que pode ser imposible de resolver. Este documental busca xerar conciencia respecto desta cuestión no eido mundial. Suso Gago, investigador do Centro Oceanográfico de Vigo e experto en lixo mariño, axudaranos a entender a complexidade do tema e tamén a importancia da nosa implicación.

Versión orixinal subtitulada.

+ Info