Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

TOOMPAK: RESIDIOUS, A MÚSICA DA RECICLAXE

Música a mares

Info

ToomPak
Venres 20 de setembro
19:30 h
Auditorio de Afundación
3€ en Ataquilla.
Público xeral e familias

Os ToomPak cren estaren sós e afánanse por buscar, seleccionar e transformar o lixo en beleza, e esfórzanse niso porque ao chegar o día queren ofrecerlles a súa música, o seu ritmo e a súa alegría aos que nunha horas chegarán ao vertedoiro. Este grupo de luthiers de obxectos, músicos e percusionistas atípicos, trae por primeira vez a Galicia o seu espectáculo “Residiuos”, co que nos contaxiarán a maxia da percusión en estado puro.

Da man de Signus, ToomPak, especialistas en crear música a partir de instrumentos reciclados, chega á Coruña cun amplo programa de actividades a través das cales pretende sensibilizar na necesidade do coidado dos océanos e do medio ambiente. A Coruña énchese de música feita con pneumáticos, bidóns, tubos, ferramentas e todo tipo de aveños rescatados do lixo. Viva a música e a reciclaxe creativa!

Entradas (3€) á venda en Ataquilla.

+Info