Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

TOOMPAK PARA ESCOLARES: RECICLART SCHOOL

Música a mares

Info

TOOMPAK
Xoves 19 de setembro
Dúas sesións, ás 10 h e ás 12 h (Duración 1 h)
Salón de actos CEIP Curros Enríquez
Gratuíta ata completar a capacidade da sala e logo de inscribirse en info@festivalmardemares.org
Escolares de primaria

O coidado do planeta require cada vez máis atención por parte dos medios e da sociedade. É necesario facilitarlles aos máis novos coñecementos suficientes e ferramentas válidas para comprender o problema e atopar solucións. Reciclart School é unha actividade complementaria de percusión e reciclaxe participativa que, a través da música e do humor, consegue concienciar os alumnos de primaria da importancia de coidar a nosa contorna. ToomPak conceptualiza experiencias sonoras que permiten aprendizaxes múltiples dunha maneira interactiva e lúdica.

Os centros interesados deberán enviar un correo electrónico a info@festivalmardemares.org, no que indicarán os seguintes datos: nome do centro, curso dos escolares, número de escolares que asistirán, hora da función á que queren asistir, persoa de contacto e teléfono.

+Info