Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo: Un aventureiro do século XXI

Info

Telmo Aldaz de la Quadra-Salcedo
Venres, 21 de setembro
De 10 a 12 h
Domus
Gratuita, logo de inscribirse enviando corre-e a info@festivalmardemares.org
Estudantes de secundaria e bacharelato

A súa desbordante curiosidade converteuno nun auténtico aventureiro dos novos tempos. Aldaz de la Quadra-Salcedo reunirase con mozos e mozas de secundaria e bacharelato e falaralles da viaxe como experiencia transformadora, transmitiralles o seu compromiso co océano e animaraos a descubriren a persoa aventureira e emprendedora que levan dentro.

Ao rematar o encontro con Telmo, os estudantes poderán achegarse ata as escalinatas de Adelaida Muro, un espazo urbano recuperado polo Colectivo Informal Oasis Monte Alto, onde coñecerán da man das súas impulsoras outro tipo de aventura, a de implicarse na recuperación dun espazo urbano degradado e vinculalo co mar.