Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

SHOWCOOKING MONCHO BARGO + JAVI FREIJEIRO (PRACER)

Gastronomía

Info

Moncho Bargo + Javi Freijeiro, Restaurante Pracer
Domingo 22 de setembro
13.30 h
Mercado do Mar, explanada do Parrote
gratuíta, logo de inscribirse no stand do Festival do Mercado do Mar
Público xeral (maiores de 12 anos)

Sabores do mar de Galicia e da súa infancia adaptados á actualidade, empregando especies pouco frecuentes na cociña cuxo uso axuda á sustentabilidade dos mares, caracterizan a aposta de Javi Freijeiro e Moncho Bargo. Desde o seu restaurante Pracer, traen ao  Mercado do Mar un guiso mariñeiro con fabas e  minchas e un brioche de míllaras de pescada para aprender a cociñar e para degustar. Que recendo!