É doado, non é necesario ter experiencia previa, só saber nadar e ter ganas de gozar do relaxante contacto co mar, pada a pada, de divertirse e de facer exercicio físico e turismo ao mesmo tempo. Tanto se queres probar o piragüismo por primeira vez coma se che apetece descubrir os encantos da ría da Pasaxe, os expertos monitores da S. D. As Xubias e o Festival Mar de Mares ofrécenche a oportunidade de aventurarte a facer esta divertida travesía.
Apto para toda a familia.
Para inscribirse, hai que solicitar a folla de inscrición no correo asxubias@gmail.com, cubrila e remitila de novo. Unha vez realizado o pagamento á conta indicada na folla de inscrición, a persoa quedará rexistrada como participante na actividade. A inscrición inclúe kaiak, chaleco, pa e seguro.
+ info e localización S. D. As Xubias