Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Pé no pedal

Info

Vicente Mohedano, Discurshow.com
Sábado, 22 de setembro
De 18 a 19.15 h
Aquarium Finisterrae
Gratuíta, logo de inscribirse a través deste formulario na web do Aquarium Finisterrae dende o luns 17 de setembro ás 10 h. Enlace ao formulario aquí
Xeral (e familias con nenos a partir de 8 anos)

Neste  minishow de divulgación científica, Vicente  Mohedano (discurshow.com) investiga as relacións entre o quecemento global e a nosa forma de movernos polo mundo. Esta proposta participativa, en clave de humor e para todo tipo de públicos (a partir de 8 anos) profunda na sensibilización ante a crise climática e a necesidade de mudar hábitos para habitar o planeta con conciencia global no noso día a día.