Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

EXPOSICIÓN OCEÁNICAS: A MULLER E A OCEANOGRAFÍA

Exposición

Info

Instituto Español de Oceanografía
Do 13 ao 22 de setembro
De luns a domingo de 10 a 19 h.
Domus
Gratuíta con entrada Domus
Público xeral

A exposición Oceánicas, unha iniciativa do Instituto Español de Oceanografía, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT), do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, conta a historia de nove pioneiras da oceanografía, nove científicas ilustres, algunhas delas bastante descoñecidas. Desde a primeira e única muller que deu a volta ao mundo durante a época das grandes exploracións ata mulleres que, a día de hoxe, lideran a loita pola conservación dos océanos, como Sylvia Earle. Todas elas son referentes necesarias para as mozas que soñen con seren científicas mariñas.

O cambio climático, a sobrepesca e a contaminación ameazan con transformar os océanos para sempre. Isto fai que o acceso igualitario de mulleres e homes en todos os campos das ciencias mariñas, incluídos os postos de responsabilidade, sexa máis necesario ca nunca. Temos un reto enorme e necesitamos contar con todo o talento da humanidade. Non perdas este pequena, pero enormemente interesante, exposición.

Ana Morillas, bióloga mariña no Centro de Oceanografía de Baleares do IEO e responsable do proxecto Oceánicas (que é moito máis ca unha exposición), protagonizará un encontro inspirador na Domus o sábado 21 de setembro ás 11 h.

+Info