Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

ENCONTRO INSPIRADOR OCEÁNICAS: A MULLER E A OCEANOGRAFÍA

Encontros Inspiradores
  • Encuentro inspirador - Mujeres oceanográficas
  • Encuentro inspirador - Mujeres oceanográficas
  • Encuentro inspirador - Mujeres oceanográficas

Info

Ana Morillas
Sábado 21 de setembro
De 11 a 11:45 h
Domus (Sala Imax)
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral e familias

Ana Morillas é bióloga mariña no Centro Oceanográfico de Baleares do IEO e é a responsable do proxecto de divulgación «Oceánicas: a muller e a oceanografía», impulsado polo Instituto Español de Oceanografía, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Con este proxecto, Morillas ten como obxectivo divulgar o traballo de científicas dedicadas ao estudo dos océanos, tanto actuais coma do pasado; dar a coñecer a súa vida e obra; impulsar as vocacións científicas nas nenas e nenos e fomentar a súa creatividade, a súa capacidade de decisión e o trato igualitario fronte ás desigualdades de xénero desde idades temperás.

Neste encontro inspirador, Ana Morillas daranos a coñecer o traballo de mulleres como Jeanne Baret, botánica francesa que foi a primeira en circunnavegar o mundo no século XVIII disfrazada de home; Marie Tharp, xeóloga mariña que, a pesar de que ten prohibido embarcar, elaborou o primeiro mapa dos fondos oceánicos atlánticos; Ángeles Alvariño, oceanógrafa galega do IEO que se converteu na primeira muller en embarcar nun buque inglés e que descubriu 22 especies mariñas; ou Sylvia Earle, primeira muller en liderar a NOAA e exploradora de National Geographic.

Ademais, Oceánicas é unha plataforma para que mulleres que traballan actualmente en Ciencias do Mar, tanto investigadoras coma técnicas, estudantes, empresarias, etc., divulguen o seu traballo e lle axuden á xuventude a descubrir a súa paixón pola ciencia e polo mar.

A presenza de Ana Morillas no Festival Mar de Mares compleméntase coa exposición “Oceánicas: a muller e a oceanografía” que poderá visitarse na Domus do 13 ao 22 de setembro.

+ Info