Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

OCEAN FILM FESTIVAL: O MELLOR CINEMA PARA OS AMANTES DO MAR

Proxeccións

Info

Ocean Film Festival
Domingo, 22 de setembro
De 11.30 a 13.45 h
Domus (Sala Imax)
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral

Déixate cativar por estes relatos que trae por primeira vez a España Mar de Mares. O recoñecido festival australiano de cinema mariño, Ocean Film Festival, presenta na Coruña as mellores películas realizadas no mar, baixo a auga e en superficie; oito emotivas historias de aventura, paixón, superación e compromiso co medio ambiente mariño.
O acto contará cunha breve presentación e un descanso de dez minutos.

Proxectaranse as películas:

  • A peace within, de Kerry Fraser (6 minutos). Philip Gray, un artista que busca lugares extremos nos que inspirarse, mergúllase nas augas dos cenotes mexicanos para pintar novos cadros.
  • I am fragile, de Florian Ledoux (3 minutos). Esta curta rodada nas paisaxes salvaxes do Ártico convértese nunha conmovedora mensaxe visual, unha oda á xeada paisaxe do norte.
  • Adventure is calling, de Le Burghard (4 minutos). Que paixón incontida move os mergulladores a mergullarse unha e outra vez no océano?
  • Emocean, de Torry Harrington (23 minutos). Unha carta de amor escrita por surfeiros, pescadores, científicos e amantes do mar que falan das súas relacións de amor, aventura, perda e inspiración co océano.
  • Manry at sea, de Steve Wystrach (3 minutos). En 1967, Robert Manry, urbanita de Ohio nada dado á aventura, embarcou nun pequeno veleiro para cruzar o Atlántico en solitario. A súa épica viaxe de 78 días atrapará soñadores, amantes do océano e aventureiros.
  • Southern White Whale (20 minutos). Unha viaxe de acompañamento á Gran Balea do Sur pola Patagonia convértese nunha oda á natureza salvaxe.
  • Surface, de Ben Thouard (6 minutos). O gran fotógrafo do surf, Ben Thouard, trata de entender que é o que o impulsa a pasar tanto tempo baixo a auga na busca da foto perfecta.
  • Sufrir Dan, de Tim Kemple (8 minutos). Cres que o surf é só mar e sol? Dan Schetter vive ao bordo do Lago Superior, de Michigan, con longos invernos baixo cero e xélidos ventos que aproveita para surfear nas xeadas augas do Lago.

+info