Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

O cru e o cocido

Info

Javier Ozores, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía
Xoves, 20 de setembro
De 6 a 9 h da mañá
Lonxa da Coruña
Gratuíta, logo de inscribirse (20 persoas)
Público Xeral

Pouco antes de que despunte o sol, a poxa de peixe na lonxa da Coruña marca o comezo da xornada na cidade. Tras a descarga dos barcos, armadores, pescadores, empresas comercializadoras e traballadoras da praza lánzanse a unha actividade frenética e, en cuestión de minutos, véndense toneladas de peixe acabado de capturar. Coñeceremos os segredos deste gran mercado da man dos seus responsables e, ao final da poxa, degustaremos un café e unhas tapas elaboradas con produtos da lonxa por Javier Ozores, o vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía. Nunca un almorzo tivo tanto sabor a mar.

 

Entradas

Out of stock!O cru e o cocido0,00Recoméndase calzado pechado e que non escorregue. Punto de encontro na entrada do edificio da lonxa
Selecciona numero de entradas:
-1 available
Lista de espera para o Cru e o cocido0,00Para inscribirse na lista de espera é necesario cubrir os datos de responsable de compra. Contactaremos contigo unicamente no caso de rexistrarse cancelacións que permitan a túa asistencia.

Please fill in all required fields