Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

O crú e o cocido

Gastronomía

Info

Javier Ozores, Vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía e Directivos da Lonxa
Xoves 19 de setembro
De 6 a 9 h da mañá
Lonxa da Coruña
Gratuíta, logo de inscribirse (20 persoas)
Público Xeral

Pouco antes de que despunte o sol, a poxa de peixe na lonxa da Coruña marca o comezo da xornada na cidade. Tras a descarga dos barcos, armadores, pescadores, empresas comercializadoras e traballadoras da praza lánzanse a unha actividade frenética e, en cuestión de minutos, véndense toneladas de peixe acabado de capturar. Coñeceremos os segredos deste gran mercado da man dos seus responsables e, ao final da poxa, degustaremos un café e unhas tapas elaboradas con produtos da lonxa por Javier Ozores, o vicepresidente da Academia Galega de Gastronomía.

Nunca un almorzo tivo tanto sabor a mar.

RESERVAR