Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Visita intermareal en familia

Na busca do tesouro

Info

Centro Oceanográfico da Coruña
Sábado, 29 de setembro
De 12 a 14h
Lugar As Xubias (punto de encontro nas Xubias de Arriba, 15 - 15006 A Coruña, fronte ao CEE María Mariño)
Gratuíta, logo de inscribirse (50 persoas)

Sabes que se esconde debaixo da area e das rochas cando estiramos a nosa toalla á beira do mar? Coa marea baixa e acompañados dos investigadores do Centro Oceanográfico da Coruña, descubriremos a vida secreta das praias e coñeceremos estrugas de mar, estrelas mariñas e bivalvos, que só se ven cando a auga se retira. Ademais, aproveitaremos a visita para deixar a praia máis limpa. Un xeito divertido de aprender en familia e de colaborar no labor de mellorar o noso planeta.

Info para inscripción en web:

  • É necesario incluír os datos de todos os participantes, incluíndo a todos os membros da familia que acudirán á visita
  • Recoméndase vir equipado con botas de auga e protección solar

Entradas

Out of stock!Visita intermareal en familia0,00É necesario incluír os datos de todos os participantes, incluíndo a todos os membros da familia que acudirán á visita. Recoméndase vir equipado con botas de auga e protección solar
Selecciona numero de entradas:
-1 available
Lista de espera para a Visita intermareal en familia0,00Para inscribirse na lista de espera é necesario incluír os datos de todos os membros da familia que queren asistir. Tamén é necesario cubrir os datos de responsable de compra para finalizar a inscrición. Contactaremos contigo unicamente no caso de rexistrarse cancelacións que permitan a túa asistencia.

Please fill in all required fields