Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

Mercado do Mar

Info

Sábado 21 e domingo 22 de setembro
Sábado de 12 a 21 h e domingo de 11 a 20 h
Explanada do Parrote
Gratuíta

O mar é un dos grandes motores da economía galega, xa que centos de empresas dependen deste sector. O Mercado do Mar ofréceche a posibilidade de coñecer de preto algunhas das compañías que obteñen a súa riqueza do mar e que elaboran os seus produtos —mariscos, algas, empanadas, conservas, cervexa con auga de mar ou algas, xoias e artesanía feita con crebas, entre outros— baixo fortes criterios de sustentabilidade. Ademais de probar e comprar, o Mercado do Mar ofrece showcookings, presentacións de produtos, catas, maridaxes, etc.

O Mercado do Mar conta tamén coa zona GastroMar, con foodtrucks onde recargar as pilas e probar petiscos mariñeiros e ofrece Música a Mares con concertos diarios

PROGRAMA COMPLETO MERCADO DO MAR