Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

EXPOSICIÓN MANDY BARKER: SOPA DE PLÁSTICO

Exposición

Info

Mandy Barker
Do 19 de setembro ao 20 de outubro
Avda. da Mariña, Sada
Público xeral

A artista británica Mandy Barker, unha das fotógrafas máis laureadas e solicitadas do momento, transforma o lixo mariño en fotografías de impresionante beleza. As imaxes do seu traballo Sopa de plástico, que poderá verse en Sada, son unha serie sobre a presenza de plásticos nos océanos e que, grazas á forte compoñente estética que ofrece do lixo, logra espertar conciencias en todo o mundo sobre unha das grandes ameazas dos océanos.

A exposición compleméntase con obradoiros educativos de sensibilización ambiental sobre a problemática do lixo mariño para escolares de primaria e outros colectivos. Solicitar información e reservas en info@festivalmardemares.org

Con esta exposición e as súas actividades complementarias, o Festival Mar de Mares amplía as súas sedes ao Concello de Sada, grazas ao financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e ao apoio do GALP Golfo Ártabro Sur.

+Info: www.mandy-barker.com