Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

KARMENKA: A CIENCIA É PURA AVENTURA

Encontro Inspirador

Info

Mari Carmen Domínguez, Karmenka
Venres 20 de setembro
De 10 a 11.30 h
Domus (Sala Imax)
Gratuíta ata completar a capacidade da sala, logo de inscribirse no enderezo info@festivalmardemares.org
Escolares de Educación Primaria (6 a 12 anos)

Neste encontro de divulgación científica, Karmenka transmitiralles aos escolares a súa paixón pola ciencia, a aventura e as rexións polares. Unha iniciativa que pretende inculcarlles aos máis pequenos o respecto polo medio ambiente e a familiarización con temas como a alteración do clima, o quecemento global, a fusión dos glaciares, o aumento do nivel do mar e os cambios nos hábitats e as súas consecuencias.

Os centros interesados deberán enviar un correo electrónico a info@festivalmardemares.org e indicar o nome do centro, o curso dos escolares, o número de escolares que asistirán, a persoa de contacto e o teléfono.