Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

KARMENKA: A AVENTURA DE INVESTIGAR OS POLOS

Encontros Inspiradores

Info

Mari Carmen Domínguez, Karmenka
Sábado 21 de setembro
18:30 h
Domus
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral

Apaixonada da natureza, Mari Carmen Domínguez, coñecida como Karmenka, profesora de Matemáticas na Universidade de Salamanca, namorouse dos glaciares nunha charla de Adolfo Eraso sobre o Perito Moreno, tras a que se lanzou a aplicar os seus coñecementos matemáticos a salvar estes xigantes de xeo. Despois da súa primeira exploración no interior dun glaciar, decidiu dedicar o resto da súa vida a dar a coñecer a realidade das rexións polares.
En 2001, puxo en marcha o proxecto GLACKMA (Glaciares, Criokarst e Ambiente), declarado de utilidade pública polo Ministerio de Interior en 2015, a través do que estudan o xeo que se perde en forma de auga nos casquetes polares de ambos os hemisferios e a evolución do quecemento global.

Karmenka realizou máis de 60 expedicións polares a lugares como a Antártida, a Patagonia, Islandia, Svalbard e Siberia e é unha entusiasta da divulgación, para a que desenvolve un intenso labor con escolares e público de todas as idades. A súa frase «a prol dos soños, só son necesarias tres cousas: ilusión, persistencia e paciencia” é o lema que guía a súa vida de ciencia e aventura.