Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Encontros Signus: Comunicar para sensibilizar

Marcando o camiño cara á economía circular.

Info

Arturo Larena (EFE Verde), Cristóbal Ramírez (Xornalista), María José Celada (Hazte Eco), Javier Martínez (Ecogestiona), Belén de Frías (National Geographic) e Isabel López-Rivadulla (Signus)
Venres, 21 de setembro
De 12.30 a 13.30
Auditorio da Fundación Paideia
Gratuíta ata que se compete a capacidade da sala

Cambio climático, desenvolvemento sustentable, xestión de residuos, áreas protexidas, enerxías renovables… Como se enfrontan os medios de comunicación ao reto de contar os problemas do noso planeta? É alarmista a comunicación ambiental? Falan os medios a mesma linguaxe que a rúa? Arturo Larena, director de Efe Verde; Cristóbal Ramírez, xornalista; María José Celada, de Hazte Eco, Javier Martínez, de Ecogestiona e Belén Frias, de National Geographic, debaterán sobre todas estas cuestións nun encontro moderado por Isabel López Rivadulla, de Signus.