Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Charla e visita intermareal para estudantes

Na busca do tesouro

Info

Centro Oceanográfico da Coruña
Luns, 22 de outubro (charla) e xoves, 25 outubro (visita intermareal)
Durante a mañá
Centro educativo e As Xubias
Gratuíta, logo de inscribirse enviando correo a info@festivalmardemares.org
Estudantes de secundaria e bacharelato (50 estudantes dun único centro educativo)

Se percorrer as praias da zona intermareal da man dos expertos do Centro Oceanográfico da Coruña é todo un luxo, os alumnos do centro escolar que se apunten a esta actividade terán un extra engadido que fará a visita aínda máis proveitosa. E ese extra é unha charla que impartirá no seu centro uns días antes un dos biólogos mariños que servirá de iniciación ao alumnado no apaixonante mundo das especies mariñas e nos labores da súa profesión. Nunha data posterior, os estudantes acudirán á zona intermareal das Xubias guiados polo mesmo profesional que os acompañará na procura de seres vivos que habitan entre rochas, area e auga, e que quedan ao descuberto durante a baixamar.