Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

CARA AO RESIDUO CERO. REDUZAMOS O LIXO DA CORUÑA Á METADE!

Encontro Inspirador
  • Hacia el residuo cero - Joan Marc
  • Hacia el residuo cero - Joan Marc

Info

Joan Marc Simón, Zero Waste
Sábado 21 de setembro
De 11.30 a 13 h
Auditorio Fundación Paideia
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral, responsables políticos e empresarios

O 40 % dos residuos domiciliarios dos galegos son restos de comida, outro 40 % son envases e un 10 % téxtiles. É posible reducir esta xeración de residuos á metade no vindeiros tres anos?

Joan Marc Simon é o director de Zero Waste, unha entidade sen ánimo de lucro que traballa no eido europeo na redución de residuos en cidades, negocios e hábitos de consumo. Para iso, participan nun gran número de proxectos e asisten a gobernos, empresas e cidadanía co fin de redeseñar a súa relación cos recursos, adoptando políticas, modelos de negocio e hábitos aliñados coa xestión circular dos recursos.

Durante o encontro, Simon compartirá boas prácticas doutros municipios europeos e traballará xunto co público asistente en propostas concretas para A Coruña. Aplicaremos a filosofía Residuo Cero para elaborar un plan, en colaboración cos coruñeses e coruñesas, que reduza á metade a xeración de lixos biodegradables, envases e téxtiles.

A participación neste proceso pode ter lugar de dúas formas, ben enviando e compartindo propostas ata o día 18 de setembro ou directamente participando neste encontro inspirador na Fundación Paideia.
Se queres enviar propostas de redución de residuos alimentarios, envases ou téxtiles —incluídos téxtiles sanitarios— envía a túa proposta a info@festivalmardemares.org. A presentación do concepto ten que ter unha extensión máxima de tres páxinas, e deberá indicar a categoría de residuo que se pretende reducir, unha explicación da proposta e os requisitos necesarios para facela posible na Coruña. As propostas presentadas discutiranse durante o encontro na Fundación Paideia.

+Info