Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

BLUE PLANET II

Proxeccións

Info

Blue Planet II, Capítulo 1 narrado por David Attenborough e presentado por Juan Antonio Romero
Sábado 21 de setembro
De 12 a 13.30 h
Domus (Sala Imax)
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral

A proxección do primeiro capítulo de Blue Planet II, producida pola BBC e narrada por David Attenborough, non só nos mergullará nas mellores historias que suceden baixa a auga, senón que tamén nos proporcionará a oportunidade de coñecer os segredos da súa rodaxe a través da presentación da proxección e do intercambio posterior co público a cargo de Juan Antonio Romero, cámara submarino que participou na gravación de Blue Planet I.

Juan Antonio Romero, produtor de campo e director de documentais submarinos, descubriu a súa paixón polo mar a curta idade entre as augas do Caribe e o Mediterráneo. Ao terminar os seus estudos de Bioloxía Mariña, en Francia, comeza a súa carreira no Calypso xunto ao coñecido comandante Cousteau, a quen acompañou en varias expedicións en Indonesia e Borneo antes de pasar ao Flying Team para producións do Parque Oceánico Cousteau. Romero continúa a súa carreira na RAI (televisión italiana) coas series Linea Blu, como director e presentador do programa Nautilus. Ao longo da súa carreira, traballou en coñecidas producións como Planeta Azul e Planeta Terra da BBC e participou como produtor en Alliens of the Sea para a FR3, (televisión francesa) e moitas outras producións para Discovery Chanel e National Geographic, todas gañadoras de varios Emmy, BAFTA e outros premios internacionais. Romero viviu e traballou en Nova Zelandia e, na actualidade, dirixe o Acuario de Sevilla.