Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

BIG VAN CIENCIA: OS MONÓLOGOS CIENTÍFICOS MÁIS TROULEIROS

Ciencia e humor

Info

Big Van Ciencia
Domingo 22 de setembro
De 19.30 a 20.30 h
Auditorio Fundación Paideia
Gratuíta ata completar a capacidade da sala
Público xeral

Juan Junoy, catedrático de Zooloxía experto en Bioloxía Mariña; Helena González, doutora en Biomedicina; e Oriol Marimon, doutor en Química Orgánica, auténticos frikis da divulgación científica, farannos ver o lado máis divertido da ciencia e farán que reparemos nalgunhas cuestións sobre os océanos que descoñecemos.

Porque está cientificamente demostrado que a ciencia con risas entra.

Big Van Ciencia é unha organización sen ánimo de lucro para a promoción da ciencia, a cultura e a educación a través das artes escénicas. Ten o claro obxectivo de transformar a cultura científica nun produto atractivo para todos os públicos a través do teatro, das historias e do humor. O seu traballo foi recoñecido por organizacións como a Comisión Europea, a UNESCO e ministerios e universidades españolas, europeas e americanas.

+Info
Logotipo Concello A Coruña