Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

Bautismo de surf para todas as idades

Info

Prado Surf Escola
Domingo, 23 de setembro
De 17 a 19 h
Praia do Orzán (Punto de encontro na Fonte dos surfistas). Posible celebración en Bastiagueiro ou Sabón (en función das ondas)
12 €, Xeral, logo de inscribirse na web de Prado Surf Escola
Público xeral (capacidade 24 persoas)

É fácil e para todos. O surf é un deporte que nos mantén en forma e sempre en contacto co mar. Se queres aprender a manexarte sobre unha táboa, tes a oportunidade de tomar a túa primeira clase no Festival Mar de Mares. Só necesitas traer postas as ganas de gozar e ser capaz de poñerte de pé sen dificultade desde unha posición de tombado no chan. Avós, pais e fillos poden aventurarse xuntos e sucar as ondas da cidade.