Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017

ARTE EN DIRECTO SIGNUS

Ángel Cañas; pneumáticos, polbos e cabaliños de mar.

Info

Ángel Cañas
Sábado, 22 de setembro
De 12.30 a 14 h
Mercado do Mar
Gratuíta
Público General

Entrar no estudo dun artista e verlo traballar é sempre fascinante e o escultor Ángel Cañas, coa colaboración de Signus, traslada por unhas horas o seu lugar de traballo ao Mercado do Mar, onde ademais de expoñer unha peza elaborada para Mar de Mares, mostraranos en directo o seu método de traballo mentres realiza un cabaliño de mar. Cañas leva anos traballando con materiais reciclados e atopou nos pneumáticos vellos un compoñente capaz de achegar realismo e robustez aos seus animais. As súas pezas poñen de manifesto a complexa relación do ser humano co medio ambiente.
Signus é unha entidade sen ánimo de lucro responsable da correcta xestión ambiental dos pneumáticos fóra de uso.  Signus ten tamén como obxectivo maximizar o valor dos materiais reciclados procedentes dos pneumáticos, desenvolvendo novas aplicacións e consolidando as xa existentes.