Prensa   |  Contacto   |  Pasadas edicións:  2014 - 2015 - 2016 - 2017 - 2018

1ª GRAN LIMPEZA DE FONDOS MARIÑOS

Activismo

Info

Nauga e mergulladores de distintas entidades
Domingo 22 de setembro
De 10 a 13 h
Dársena da Mariña
Gratuíta
Público xeral

Non podía ser doutro xeito e o Festival Mar de Mares súmase ás entidades que apoian incondicionalmente a 1ª Gran Limpeza de Fondos Mariños da cidade da Coruña, que terá lugar na zona da Dársena da Mariña. Na iniciativa, ideada e liderada polo centro de mergullo Nauga, participarán mergulladores voluntarios pertencentes a diversas entidades como Salvamento Marítimo, UBUFER, Club do Mar, Asociación Los Delfines de Neda e Cruz Vermella Española entre outros. Esta acción ten un triplo obxectivo: limpar os nosos mares, facer visible unha das súas principais problemáticas e concienciar sobre a necesidade de preservalos. Non perdas a oportunidade de ver a contribución activista de todos estes mergulladores voluntarios e de comprobar como o lixo afecta os fondos do mar que nos rodea.